Friday 17 de May de 2024

Varios centos de persoas participan no acto de clausura das escolas culturais e deportivas do Concello de Frades


O Concello de Frades celebrou este domingo a clausura das súas escolas deportivas e culturais municipais cunha festa por todo o alto á que acudiron numerosos veciños e veciñas. O programa comezou coa representación de “As Vodas da pulga e o piollo” a cargo do grupo infantil de teatro, no salón de actos do CPI Ponte Carreira.

Acto seguido tiveron lugar as distintas exhibicións deportivas, que comezaron cun divertido partido de fútbol sala entre pais e nais contra os benxamíns-alevíns. Despois chegaron as exhibicións de pilates, zumba, zumba kids e das escolas de patinaxe. Tras un obradoiro de chaveiros, o alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e o concelleiro de Deportes, Miguel Prado Cea, fixeron entrega dos correspondentes diplomas acreditativos a todas as persoas participantes. O acto rematou cunha merenda para todos os presentes.